Breakout sobre os réptiles.

AG.-

  • Os réptiles son os animais pertencentes á clase Reptilia, grupo de vertebrados amniotas e tetrápodos que teñen escamas ou diversas estruturas córneas na pel. Trátase dun grupo de animais que comprende non só todos os réptiles que existen hoxe no mundo senón que inclúe ademais algúns outros grupos que foron moi abondosos no pasado e que logo desapareceron durante o proceso evolutivo como son, por exemplo, os dinosauros.

  • Réptil significa “que repta”, é dicir que anda arrastrándose. Esta non é unha característica universal deste grupo de animais xa que algúns non se arrastran senón que, por exemplo, teñen patas para o seu desprazamento (exemplo: os lagartos e as tartarugas).

  • A parte da zooloxía que trata dos réptiles leva o nome de herpetoloxía, na que tamén se inclúe o estudo dos anfibios.

  • Un dos réptiles máis característicos da nosa terra é a lagartixa galega (Podarcis bocagei) ten como área de distribución toda a superficie de Galiza. Nútrese, ao igual que outros réptiles, de insectos e arácnidos. A cor da femia é amarronada mentres que a da lagarta macho ten unha tonalidade verde.

  • Para repasar todo o que aprendichedes sobre os réptiles, propóñovos un Breakout!

 

CURRICULO: Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO (Bloque 3. A biodiversidade no planeta Terra).

PROPOSTA REALIZADA POR:  Belén Vázquez Cordero do IES Martaguisela (O Barco de Valdeorras).

FONTES: Galipedia.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *