Funcións matemáticas e animais

AG.- Esta actividade foi desenvolvida polo profesora Covadonga Rodríguez-Moldes Rey na na materia Matemáticas Académicas de 4º ESO no IES Mugardos durante o curso 2019-2020 e rematada no período de confinamento.

O alumnado xa coñecía o concepto de función do curso pasado en que foi introducido a través dunha actividade denominada “Nivel de felicidade” que lles permiteu adquirir o concepto de función e coñecer as principais características: dominio, percorrido, crecemento, extremos e continuidade.

Xa no primeiro trimestre do curso 2019-2020 desenvolveuse a primeira parte da actividade co coñecemento das gráficas de funcións polinómicas (ata grao 4), de proporcionalidade inversa, exponenciais, logarítmicas, valor absoluto e trigonométricas. Esta actividade fíxose a través do movemento tratando de reproducir cos brazos e o corpo as funcións e logo debuxándoas e escribindo as súas propiedades.

No segundo trimestre a actividade relacionada coas funcións foi interrumpida polo confinamento e posteriormnte completada nas casas.  A proposta era a seguinte:

  • Tiñan que elixir algún animal, podían debuxalo ou collelo na web en imaxes libres. Esa imaxe debían exportala a Geogebra e situar o vértice inferior esquerdo na orixe de coordenadas.
  • Posteriormente debían buscar tres funcións das estudadas que se acoplasen a algunha parte do corpo do animal para o que deberían alterar os coeficientes e compoñentes numéricos da función.  Esta parte iniciouse na aula de informática do centro pero logo a continuaron nas súas casas.

Deixamos a continuación un documento que recolle algúns dos resultados obtidos, que servirán de inspiración para replicar esta actividade.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *