Reflexos sensoriais

AG.- Nas primeiras idades, mentres as crianzas son gateadoras, as propostas de xogo deben estar á súa altura, é dicir, no chan!! Porque como di Emmi Pikler, non debemos mover as crianzas, senón motivar o seu desenvolvemento autónomo polo espazo, e para iso debemos pensar dende a súa propia perspectiva.

Por esta razón, engadimos esta proposta para a que só necesitaredes un papel especial, tipo espello, ou mesmo un pouco de papel de aluminio (aproveitade agora que as librarías xa están abertas) porque alucinarán experimentando coas distintas cores, formas, luces e sombras, e incluso, co seu propio reflexo e o das compañeiras de xogo.

Sandra Ocampo Lagoa


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *