Humanizando unha sociedade robotizada

AG.- Hoxe traemos unha proposta ben fermosa! Non é certo que vivimos nun mundo cada día máis artificial? Pois ben, sobre isto reflexiona o mestre Javi García na súa guía de traballo multidisciplinar  “Humanizando unha sociedade robotizada“.

Nela, propóñense unha morea de actividades que xiran arredor da reflexión e da creación. Os nenos e as nenas poderán traballar competencias tan importantes como a literaria, matemática, científica, artística, tecnolóxica, interpersoal, social, afectiva, emocional, crítica…

Contos, manualidades, matemáticas, poesía, teatro e sobre todo, emocións!! Todo isto e moito máis, nesta marabillosa proposta!!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *