A árbore dos contos

AG.- Unha das cousas que máis nos gustan é que nos conten historias. E, con todo este tempo que estamos pasando na casa, estamos seguras que boa parte do tempo pasádelo lendo ou escoitando contos.

Para que non se vos esquezan todos estes contos tan especiais que estades descubrindo estes días, a mestra Fátima Rúa quere propoñervos unha actividade moi especial: a Árbore dos Contos.

Consiste en crear unha enorme árbore de cartón, da que, no canto de colgar follas, flores e froitos, colgan libros! Para esta actividade precisamos:

A continuación, tedes paso a paso as instrucións para a realización da árbore (como vedes na imaxe):

  1. Debuxar a árbore nun cartón ou cartolina grande.
  2. Recortar a silueta.
  3. Pintar de marrón a árbore con témpera ou pintura acrílica (recordade poñer un cartón ou papel por debaixo para non manchar).
  4. Unha vez pintado enteiro deixar secar durante un tempo, ata que xa non manche ao tocar.
  5. Engurrar anacos de papel seda ou crepe verde e pegar nas pólas da árbore para simular a copa.
  6. E, por último, só queda colgar os libros das pólas.

Por cada conto que leades ou que vos conten debedes facer un debuxo (a portada, o que máis vos gustou…). Podedes pedir na casa que vos fagan un pequeno burato na árbore para poder pasar un fío por el e colgalo.

Agora só queda ler e ler… E VER A VOSA ÁRBORE CRECER!!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *