Que me contas?

AG.- Seguro que nesta tempada aproveitastes para ler libros, ver moitas series e películas.

Non esquezas que son narracións e as series que máis seguidores teñen son aquelas que nos enganchan, e fano porque os seus guionistas traballaron tan ben as personaxes que mesmo sabemos que van facer ou como obrarían ante determinada circunstancia.

Que lle diría Shaun Murphy, o xoven cirurxián de The Good Doctor, a Nairobi, unha das ladroas de La casa de papel? Que conversa terían Lisa Simpson e Joey Tribbiani de Friends? Que consellos lle daría Zulema de Vis a Vis a Rosa Vargas de O sabor das margaridas?

Elixe dúas personaxes de libros, películas ou series e fai que entablen unha conversa. Primero, fai unha pequena ficha sobre a narración de onde sae (nome do libro, película ou serie, autor e director, ano de publicación ou estrea e explica en poucas liñas quen é esa personaxe).

Ten en conta os trazos do diálogo (a importancia dos guións, dos verbos de lingua e pensamento, a modalidade oracional,…)

Imaxe de Nairobi obtida da páxina Pinterest da conta de Claudio Faûndes. https://www.pinterest.es/pin/510103095287387323/


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *