Present perfect continuous
AG.- No noso repaso dos tempos verbais, facemos hoxe unha parada no presente perfecto continuo. A profesora Raquel Fernández achégache un breve esquema en Prezi no que detalla como se forma e cando debemos empregalo.
Imos agora coa parte práctica. A profesora Martiña Piñeiro pídeche que o uses para describir distintas situacións que está a vivir Bart Simpson. Podes facelo de xeito oral ou escrito. Anímaste?