Sopa de letras reciclada
AG.- Este vídeo titorial propón unha actividade estupenda para Educación Plástica: xoga con elementos de reciclaxe, non é excesivamente complexa de realizar e o produto final pode ser aproveitado despois noutras materias.
Un taboleiro de madeira, unhas tampas de refrescos, parafusos, cola adhesiva, unhas gomas elásticas e pouco máis. Con estes elementos cotiáns podemos crear, seguindo os pasos que acabamos de ver, un orixinal xogo de sopa de letras. Un divertimento con elementos reciclados que, ademais, non precisa de enchufes!
En función das letras que se poñan dentro das tampas, pode facerse unha sopa silábica ou normal, xogar con diferentes campos semánticos, cambiar de idioma ou área…