Unha noite especial

AG.- A túa familia máis ti estades a realizar unha viaxe nun cruceiro que vos levará a visitar varias cidades europeas.
Acabades de partir do porto de A Coruña cara Dublín a vosa próxima parada.
Esta tarde, xusto despois de comer, chamaron á porta do voso camarote, e medio adormecido (era a hora da sesta)
fuches abrir a porta: era un membro da tripulación.

Dás as grazas, pechas a porta e sentas na cama co sobre na man. Ábrelo e sacas varias follas, e enseguida llas les ó resto da familia…

O capitán convídavos a unha cea de Gala! E o menú é do máis interesante ……‘Sabores do mundo’. Cantos pratos diferentes! Que ganas de probalo. Fixástesvos na variedade de seres vivos que vos ides comer? É unha boa oportunidade para practicar a clasificación de seres vivos.

Pois adiante, esta é a vosa tarefa: 

  1. Analizade ben o menú e identificade os diferentes seres vivos que hai nel. Fixádevos ben porque algúns non aparecen de forma explícita, senón que son necesarios para elaborar outros como por exemplo pan, masas, etc.
  2. Fai unha táboa de clasificación na que vaias colocando os seres vivos do menú no lugar correspondente. Non é necesario clasificar todos os seres vivos, pero intentade atopar, polo menos, 1 representante de cada un dos seguintes grupos:
  3. Con cada ser vivo tedes que realizar unha flashcard ou tarxeta de estudo; para iso podedes empregar algunha destas ferramentas : Flashcard Machine , Genial.ly , Flippity , ou calquera outra que coñezades e saibades empregar. Unha flashcard ou tarxeta de estudo é unha tarxeta que por un lado ten unha imaxe unha palabra, etc, e pola parte de atrás unha breve explicación, explicación, ou unha definición, unha tradución etc. Un exemplo de tarxeta educativa podería ser este:
  • En cada tarxeta tedes que incluír unha imaxe e o nome na parte de adiante e, na parte de atrás, o Reino ó que pertence o ser vivo, e tamén o grupo e os subgrupos, coa maior precisión posible Ademáis, debedes incluír as características máis destacadas do grupo de forma moi breve.Se queres ver exemplos feitos por min, preme aquí (na xanela que se abre tes que seleccionar o botón ‘ Start Study Session ’, e na seguinte xanela premes Start Session ’ e xa podes visualizalas).

Agora é a vosa quenda de crear esas estupendas tarxetas de estudo.

CURRÍCULO: Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO (Bloque 3. A biodiversidade no planeta Terra).

PROPOSTA REALIZADA POR: Lorena del Palacio do IES Poeta Díaz Castro.

FONTES: proxecto interdisciplinario.


Un comentario en «Unha noite especial»

  • 22 Maio 2020 ás 20:23
    Ligazón permanente

    Encántame! é moi orixinal.
    O utilizarei cos meus de 1º ESO

    Moitas grazas.

    Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *