Tesouros entre sombras
AG.- Unha forma divertida e creativa de facer debuxos ou pequenas obras de arte é utilizando as luces e as sombras. Hoxe, a mestra Fátima Rúa ensínanos a facelo, creando algo moi especial e persoal para cada un e cada unha de nós.
O primeiro que hai que facer é pensar nun TESOURO. Pero non nun tesouro agochado por piratas nun cofre e enterrado moi lonxe. Non deses para o que precisamos un mapa se queremos atopalo.
Non, o noso tesouro é algo que temos na casa e que é moi especial para nós. Seguro que todas e todos temos moitos na casa, pero pensade no máis especial para vós. Un xoguete, unha pedra, un libro, unha xoia… calquera cousa!
O realmente importante é o significado que ten, por que é tan especial. Pode que sexa un agasallo de alguén querido, algo que atopamos un día por casualidade ou que nos recorde a un momento moi especial.
Agora que xa o tedes, podedes seguir estes sinxelos pasos para crear a vosa obra de arte: