Grava e edita curtas co teu móbil!
AG.- Desde a asociación Olloboi pásannos este fantástico videotitorial para aprender a usar o móbil como profesionais, editando con el. Non deixedes de crear cine durante este estado de alarma: se as portas dos fogares están pechadas, que se abran as xanelas da creatividade! Se facedes algún videoclip, curta, web serie ou o que sexa, e precisades axuda para rematalo ou consellos sobre a onde envialo… escribídenos a aulasgalegascurtas@gmail.com e veremos como axudarvos!
E non esquezades que, máis importante case que controlar a técnica, é reparar en aspectos como a iluminación, o son, o encadramento… Cóntavolo Miguel de Lira, cómoplice de Olloboi!
Pingback: Cando a vida nos fai invisibles: “Fantasmas de luz” de Agustín Fernández Paz. - Aulas Galegas