O meu gato apañou… palabras

AG.- O meu gato apañou… palabras, recurso creado por Anxos Romeo Barreiro.

Xa acabaches con todas as pinturas que tiñas pola casa? Pois imos explorar o mundo da colaxe. A arte da colaxe é unha técnica que se empezou a investigar a principios do século XX da man de artistas como Picasso e Braque.
O termo colaxe deriva do francés “coller” que significa “pegar”. A clave é compoñer, con diversos materiais e texturas pegadas sobre un papel ou cartón, unha creación propia.
Con esta sinxela proposta animámosvos a explorar as texturas, formas e sensacións dos diferentes materiais que teñades pola casa para realizar a vosa marabillosa colaxe.

https://aulasgalegas.org/wp-content/uploads/2020/05/O-meu-gato-apañou-palabras-ok.pdf


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *