Como clasificamos os seres vivos?
AG.-
- A vida exprésase de infinitas formas diferentes, e á gran variedade de formas de vida chamámoslle biodiversidade. Inclúe todos os seres vivos que habitan o planeta Terra, incluídos os ecosistemas dos que forman parte.
- Por moitas razóns é necesario e importante ordenar toda esta enorme diversidade. Para iso, é importante clasificalo. Desde o punto de vista biolóxico, clasificar non é outra cousa que ordenar seres vivos en grupos, en función das características que teñen en común. Pero, para incluír un organismo dentro dun grupo, primeiro hai que describilo.
- Unha vez feito isto, as súas características compáranse coas doutros seres vivos coñecidos e inclúese o exemplar xunto cos que teñen características comúns.
- Finalmente, dáselle un nome que o identifica, que é o nome da especie, chamado nome científico. Este nome permite aos científicos e científicas saber de que organismo se trata. Nós, os nosos irmáns, os nosos pais, os nosos veciños, os portugueses, os asiáticos e os africanos, todos pertencemos á mesma especie: Homo sapiens. A especie representa un grupo de individuos similares con antepasados comúns.
- A ciencia encargada de nomear e clasificar organismos en categorías organizadas xerarquicamente chámase Taxonomía; é unha subdisciplina de Bioloxía sistemática, que estuda as relacións de parentesco dos seres vivos e a súa historia evolutiva ou filoxenia.
- Seguro que no seguinte vídeo da profesora Noemí, vaiche quedar máis claro.
ACTIVIDADES: pescuda e profundiza un pouqiño mais sobre…
- Pensa nun animal ou planta e intenta aplicarlle o criterio de clasificación que explica Noemí no vídeo.
- Seguro que coñeces dabondo o Castiñeiro, cal é o seu nome científico?, a que Reino e Familia pertence?.
- Como diferenciamos un cogomelo e un can, dende o punto de vista biolóxico?
- A maioría dos/as científicos/as non consideran aos virus, seres vivos, por que?
CURRICULO: Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO ( Bloque 3. A biodiversidade no planeta Terra).
PROPOSTA REALIZADA POR: Noemí Díaz Vázquez do IES Eusebio da Guarda.
FONTES: Galipedia.
Esta paxina e moi boa
grazas polas túas apreciacións 😀 alegrámonos de que che gustara 🙂
Saúdos.