Macroinvertebrados acuáticos

 

Macroinvertebrdos acuáticos

  • AG.- No seguinte vídeo explícase a biodiversidade de macroinvertebrados que viven nos cursos de auga, ademais de insectos, bivalvos, gasterópodos, oligoquetos etc, viven tamén as diatomeas, os macrófitos e as algas e peixes que se distribúen polo ecosistema acuático. Para completar este escenario, temos o caudal da auga tan importante e os elementos morfolóxicos dos ríos como son as pedras, os sedimentos, o bosque de ribeira.
  • Asemade poderás coñecer a variedade de familias de invertebrados acuáticos, como é o seu estudo no campo e para que serven.
  • Lembra a importancia destes organismos como bioindicadores.

ACTIVIDADES: que che pareceu? Impresionado/a? Atréveste a pescudar un poquiño mais? Imos aló!

  1. A entomoloxía é unha disciplina da bioloxía, pero que estuda?
  2. Nomea algúns macroinvertebrados dos que fala Romina?
  3. Elixe un deles e investiga a fondo algunhas características biolóxicas.
  4. Que material emprega Romina nas súas saídas de campo?
  5. Para que recolle mostras e as leva ao laboratorio?

CURRICULO: Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO (Bloque 3. A biodiversidade no planeta Terra; Bloque 4. Os ecosistemas).

PROPOSTA REALIZADA POR: Romina Álvarez Troncoso (profesional libre en proxectos relacionados coa limnoloxía que é o estudo das augas continentales, ralvareztroncoso@gmail.com).

FONTES: Canal de Youtube de Romina Álvarez-Troncoso; Foto (Ramón Cabanelas Rodríguez).

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *