A voar!
AG.- Hoxe a Asociación Socio-educativa Antonio Gandoy, dentro da súa serie de contos para o confinamento e da man da súa orientadora, Doris Paz, e da xoaniña soñadora, cóntannos A voar .
Lembrade que os contos son unha porta aberta a mundos máxicos e a realidades diferentes da nosa, que teñen a incrible capacidade de facernos chegar aló onde fisicamente non podemos.
A creatividade emerxe a través dos contos, e temos agora, vendo o lado positivo desta dramática e estraña situación que vivimos, unha excelente oportunidade de contar, ler e, en definitiva, de achegar os contos e a literatura aos máis pequenos.
Baseado no Libro-Cd “A Voar”, de Cé Orquestra Pantasma e editado por Miudiño.