CANVAS con enfoque de economía social e solidaria

AG.- Precisas estudar a viabilidade do teu plan de empresa? Desde Economistas sen Fronteiras chéganos unha versión da ferramenta CANVAS que incorpora a dimensión social e ambiental entre os aspectos que hai que analizar na diagnose inicial dunha iniciativa empresarial.

Este CANVAS de economía social e solidaria ten 2 partes:

  • nunha primeira páxina vemos o CANVAS en branco para completar cada un dos seus bloques con información da nosa iniciativa empresarial;
  • nunha segunda páxina, inclúense no CANVAS preguntas inspiradoras xunto con iconas de referencia que chaman á reflexión no tocante a xénero, impacto social e impacto ambiental. Tamén se mencionan algunhas ferramentas interesantes nas que podes afondar navegando na rede!

Usando este tipo de recursos podemos analizar a viabilidade de actividades económicas con impacto positivo na nosa contorna.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *