Lectoescritura caseira

AG.- Hoxe imos practicar a lectoescritura dos nenos/as coas cousiñas que atopamos pola casa: pedras, follas, plastilina, paus, macarróns, pezas de lego…

Podemos crear o noso nome, o dos nosos compañeiros e compañeiras, escribir o nome dos membros da nosa familia, o vocabulario da primavera, o nome das personaxes dunha historia inventada…

Bótadelle imaxinación a esta proposta da mestra Sandra Pérez Longueira.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *