Árbore da vida!

AG.- Imos crear unha “ÁRBORE DE VIDA”. En que consiste isto, exactamente?

Din os expertos que cada persoa contaxia a 2 ou 3 persoas máis.

Pon unha foto, debuxo, o teu nome… (como prefiras) na parte de arriba da árbore e por cada día que pase (que imos tachar nun calendario) sumamos 2 personas na nosa árbore.

Son persoas que salvas por quedar na casa. Entendedes? por iso é unha ÁRBORE DE VIDA.

Para crear a túa propia árbore podes empregar cousiñas que teñas na casa: folios (incluso podes unilos creando un mural ou póster), papel continuo, cartolina, unha saba vella… bótalle imaxinación.

Moito ánimo na túa misión de salvar a todos/as as/os que queres.

Argallado por Cristina Delgado


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *