Canción “O cuco”
AG.- Hoxe José Carballido déixanos un canto de berce para que aprendades na casa e o cantedes. Ao mesmo tempo que o facedes, repasaredes as dinámicas, dende o pianísimo até o forte.
Maiores da casa, aprendédea e de seguro que as crianzas quedan durmidiños pola noite…
Letra
Cucu, onde estás?
ven aquí e verás.
Cucu, canta xa; se non cantas, quen o fará.
Cucu, durme xa.
Durmidiño o cuco está.