O ladrón de alimentos

AG.- Desta volta, Andrés Freire Panceira proponnos un xogo chamado “O ladrón de alimentos”.

Trátase dunha busca do tesouro que implica un exercicio de orientación pola casa.
As pistas pódense imprimir, debuxar ou elaborar na casa, pois algunha xente pode non dispoñer dos recursos necesarios. No pdf especifícase cales son os pasos que debemos seguir. Neste caso as familias deberán ir contando a historia que vén nos anexos para que o neno ou nena descubra unha forma lúdica de aprender e unha forma diferente de gozar do tempo en familia.
Neste caso, ademais, presento o material en PPT, onde o alumnado que necesite Pictogramas, atoparaos xa elaborados e poderá, desta maneir, personalizar a historia con eles en función do seu nivel de desenvolvemento.
Así atenderemos á diversidade dende a nosa área de coñecemento, demostrando que podemos traballar en todas as frontes que a Educación ofrece.

O LADRÓN DE ALIMENTOS

O ladrón de alimentos pictogramas


2 comentarios en «O ladrón de alimentos»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *