Hoxe quéroo saber todo sobre xenética

AG.- ‘’Antes pensabamos que o futuro estaba nas estrelas. Hoxe sabemos que está nos xenes.’’ Esta frase pertence a James Watson que xunto con Francis Crick desvelou a estrutura de dobre hélice do ADN co que deu comezo a Xenética Molecular. Isto foi posible grazas á coñecida Fotografía 51 tomada mediante a técnica de difracción de raios X pola gran científica Rosalind Franklin.

Estes avances científicos fixeron posible a explicación a nivel bioquímico dos problemas de herdanza biolóxica e o desenvolvemento de distintas técnicas de manipulación do xenoma de distintos organismos. Un exemplo destas técnicas son as que se están levando a cabo na actualidade para coñecer o xenoma do COVID-19 e entender como entra nas células humanas, como actúa e así poder investigar dianas terapéuticas. Vexamos canto sabes sobre enxeñería xenética.

  • Intenta resolver o seguinte encrucillado:

HORIZONTAL: 2.Apelido da transcriptasa que pode sintetizar ADN a partir de ARN. 4. Vehículo que transporta ADN recombinante dunha célula a outra. 6. Técnica que permite obter millóns de copias dunha secuencia de ADN (utilizada para detectar o coronavirus). 7. Células non especializadas que poden transformarse en calquera dos tipos celulares especializados dun ser vivo. 9. Suspensión de microorganismos atenuados ou mortos que se introduce no organismo para previr enfermidades.

VERTICAL: 1.Técnica que permite o tratamento de enfermidades xenéticas substituíndo un xen defectuoso por outro san. 3. As enzimas de restrición cortan en lugares específicos moléculas de:… 5. Técnica que permite a obtención de organismos xeneticamente idénticos. 6. ADN bicatenario bacteriano empregado como vector en enxeñería xenética. 8. Bacteriófago máis empregado na transformación de células.


Outra das aplicacións da enxeñería xenética é a transxénese: transferencia de xenes dun organismo a outro co fin de mellorar as súas características. Técnica que espertou inquietudes éticas na sociedade e preocupación polos distintos riscos que poderían ter os experimentos. O seguinte vídeo inclúe esta temática cun pouco de humor para poder reflexionar despois dun xeito relaxado:

  • Dous tomates e dous destinos.
  • Despois de ver o vídeo reflexiona sobre os seguintes aspectos sinalando qu tipo de tomate escollerías (tomate ecolóxico ou tomate transxénico):
  1. Para conservar a biodiversidade da natureza.
  2. Para acelerar o crecemento e aumentar a produción.
  3. Para que o seu aspecto se conserve mellor durante máis tempo.
  4. Para impedir o desenvolvemento de novas alerxias ou intolerancias alimentarias.
  5. Para evitar a contaminación do solo con produtos químicos.
  6. Para ter garantida a resistencia a fungos, bacterias e pragas.

Entón, en que lugar te posicionas? Transxénicos si ou non?

CURRICULO: Bioloxía e Xeoloxía 4º ESO (Bloque 1. A evolución da vida).

PROPOSTA REALIZADA POR: Alva Vázquez.

FONTES: gl.wikipedia.org;Crossword Puzzle Maker The Teachers´s corner.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *