É un grupo sanguíneo mellor ca outro?/Is one blood type better than others?

AG.- O principal propósito desta actividade é iniciar ao alumnado no estudo dos grupos sanguíneos e os factores a ter en conta nunha transfusión. O emprego de laboratorios virtuais, ademais do alicerce que supón para o noso alumnado, evita a manipulación de sangue no laboratorio e permite a experimentación con persoas dun xeito virtual. Deste xeito, permitimos unha maior aproximación á actividade científica, en primeira persoa.

A actividade concíbese para un grupo bilingüe de 3º da ESO. A pregunta de partida está en galego/inglés, aínda que o laboratorio virtual é completamente en inglés.

Cartafol con propostas didácticas para o profesorado e alumnado.

CURRICULO: Bioloxía e Xeoloxía 3º ESO/Seccións bilingües (Bloque 3. As persoas e a saúde. Promoción da saúde).

PROPOSTA REALIZADA POR: Marcos Lago Ávarez do IES Primeiro de Marzo (Baiona, Pontevedra).


2 comentarios en «É un grupo sanguíneo mellor ca outro?/Is one blood type better than others?»

  • 11 Abril 2020 ás 14:22
    Ligazón permanente

    Está fenomenal! Bo recurso ese laboratorio virtual
    Ainda que está proposto para terceiro da ESO, vou propoñelo aos meus alumnos de 1º BACH.
    Moitas grazas.

    Resposta
    • 13 Abril 2020 ás 17:00
      Ligazón permanente

      Grazas Marisa. Anímate a compartir en Aulas Galegas o uso que lle podemos dar en 1º de Bacharelato. Grazas de novo.

      Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *