Ata o infinito e máis alá

AG.- Buzz Lightyear é unha personaxe de ficción da franquía Pixar Toy Story. Buzz é coñecido popularmente pola súa expresión: “Ata o infinito e máis alá!” , facendo referencia  ao noso Universo, que é todo o que nos arrodea. Agora ben, cando pensamos nesa palabra en maiúsculas, facémolo pensando unicamente nos compoñentes que aparecen no ceo, dos cales o Sol, a Lúa e as estrelas son os obxectos celestes máis coñecidos. Pero hai moitos máis.

  • Observa a seguinte imaxe e realiza un esquema (un mapa conceptual, se queres) onde recollas os compoñentes que consideres importantes.

O Universo e os seus compoñentes

 

  • Aplica o aprendido e investiga:

Os científicos da misión Kepler da NASA descubriron, a unha distancia de 1200 anos luz da Terra, un sistema de cinco planetas que orbitan ao redor da estrela Kepler-62. Dos cinco planetas do sistema, soamente en Kepler-62f e Kepler-62e se poderían dar unhas condicións axeitadas para albergar vida, xa que posiblemente sexan rochosos e se atopen á distancia adecuada para que haxa auga líquida. Os tres restantes están situados demasiado preto da súa estrela. O planeta Kepler-62f, un 40% maior que a Terra, xira ao redor da súa estrela unha vez cada 267,3 días terrestres.

Sistema Kepler 62

  1. Compara o sistema planetario de Kepler-62 e o Solar. Fai un debuxo de cada sistema, incluíndo a estrela e todos os planetas. Cales son rochosos? Cales gasosos?
  2. Observa como se nomean dous dos planetas do sistema Kepler. Como cres que se nomea o resto? Investígao.
  • Atréveste a poñer a proba todo o que aprendiches? Adiante…Play Kahoot.

CURRÍCULO: Bioloxía e Xeoloxía 1º ESO (Bloque 2. A Terra no universo).

CRÉDITOS:

  • Kahoot realizado por Patricia Carracedo.
  • Textos e imaxes: Wikimedia Commons e Ciencia NASA.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *