Nubes Brancas. Poema de Helena Villar Janeiro.
AG.- A que ti tamén xogaches algunha vez a ese xogo de mirar as nubes e imaxinar formas e figuras nelas, crear seres marabillosos que se desfán en segundos polo poder do vento que as arrastra. E volta comezar!
Un xogo fantástico ao que, como ves, tamén xogamos os adultos. Sobre todo: os adultos poetas!
Hoxe pode ser un bo momento para saír á fiestra, mirar o ceo, xogar coas nube, deixar voar a imaxinación e, por que non?, escribir un poema.
Pode ser.
E, cando te fartes de xogar, que che parece aprender esta canción da que Helena tamén é autora da letra?
Chámome Don Polbo
A autora, Helena Villar Janeiro é unha das escritoras máis premiadas da nosa literatura. Foi mestra e segue a exercer a súa mestría expandindo o poder da literatura entre pequenos e maiores.
(Entrada redirixida por Olga Rodríguez Díaz do CEIP Milladoiro, tamén facilitou os audios da autora e pediu os permisos)