A mellor sopa do mundo

 

 

AG.- Resumo: Nun lugar escondido do bosque, unha pequena cabana tiña a luz acendida. Pola cheminea saía fume, Tartaruga estaba preparando a comida.

Pouco a pouco o bo arrecendo da sopa fai que algúns animais do bosque (sorprendidos por unha gran tormenta de neve) cheguen ata a súa casa. Cada un leva un ingrediente que engaden a esa marabillosa sopa e que, cando a proban, pensan que é a mellor do mundo!!

Será polos ingredientes?  Será a forma de cociñar de Tartaruga? Botaríalle algo especial? Tartaruga desvelaralles o segredo.

*Se non dispoñedes do libro na casa, tedes á vosa disposición o seguinte enlace:

Plataforma de préstamo de libros electrónicos das bibliotecas escolares públicas galegas

 Tamén o enlace a youTube en LSE: “A mellor sopa do mundo

Tamén a curtametraxe do CEIP Martagona para o plan proxecta “Nós tamén creamos”.

Achegamos a continuación un pdf con todas as actividades que vos propón a mestra Rebeca Nuñez Varela

Tarefas co conto

 

E como de contos se trata temos para vós un precioso marcapáxinas para que o descarguedes e usedes o nos vosos contos!!! Está a tamaño folio, recordade imprimilo en tamaño A5.

Marcapáxinas de Ana Pérez Tomé


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *