CApacidades FÍsicas BÁsicas
AG.- Desta volta Andrés Freire Painceira propón unha actividade que ten como finalidade traballar dun modo lúdico as capacidades físicas básicas.
CAFIBA consiste en empregar as capacidades físicas básicas como medio para traballalas dende a casa, sempre a través de actividades de cooperación coas nosas familias.
Representa unha aproximación, inclusiva e entretida, ao traballo para goce de todas e todos.