Break out educativo: Os enigmas do Código DaVinci
AG.- Este xogo de investigación consiste en resolver os enigmas que contén cada diapositiva para poder pasar á seguinte. Está baseado na obra O Código DaVinci e o obxectivo é atopar o Santo Grial.
A persoa que xoga debe comezar na primeira diapositiva, a do cadáver, e ir avanzando polo resto en función das pistas que se agochan en cada imaxe. Para iso debe ampliar as imaxes, darlles a volta e, sobre todo, pensar! Chegaredes ao final cando atopedes o puzzle final que contén o Santo Grial.
É un recurso creado por Naír García Abelleira coa colaboración de David Rodríguez.