Feliz día mundial da poesía
AG.- Hoxe, 21 de marzo, conmemórase o día mundial da poesía. Para celebralo queremos proporvos unha serie de enigmas poéticos.
Sodes quen de adiviñar de que poemas galegos estamos a falar?
Poema 1
a. O autor do poema ten unha estatua nos xardíns de Méndez Núñez.
b. O poema leva o nome dunha famosa escritora.
c. A protagonista foi a primeira escritora en ingresar no Panteón de Galegos Ilustres.
Poema 2
a. Este poeta galego viviu uns vinte anos nun país de Sudamérica con moita guerrilla e narcotráfico.
b. Rexentou unha famosa taberna nunha vila das Rías Baixas fundada, segundo a lenda, por Noé.
c. O título do poema alude á Irmandade que dirixiu Roi Xordo.
Poema 3
a. A publicación dunha obra desta poeta está relacionada cunha celebración da nosa terra.
b. O poema fai alusión á emigración a América.
c. O protagonista deste poema despídese dos seus eidos e, ao final, da súa muller.
Poema 4
a. O poemario que contén a composición é homónimo dun texto roubado na catedral de Santiago hai seis anos.
b. O poema alude a unha famosísima actriz nacida en Viena que morreu traxicamente en París, en 1982.
Poema 5
a. O poeta é ourensán.
b. O poema fai referencia a unha festa popular galega.
c. Nesta festa os nenos celebran a entrada da primavera.
Poema 6
a. Este famoso poeta foi mindoniense.
b. O poema foi musicado por Amancio Prada.
c. Neste poema aparece unha ave que pertence á familia das colúmbidas.
Poema 7
a. O autor escribiu unha biografía do poeta do Rexurdimeto da súa vila.
b. O título do primeiro poema e do libro alude á prisión no convento da vila natal.
c. A protagonista do poema foi unha vella canguesa condenada no século XVII pola Inquisición, acusada de bruxería.
É un recurso elaborado pola Biblioteca do IES Monelos que podedes atopar no Portal da Lingua Galega.