Sorrisos contra o coronavirus
Hai moitas persoas ingresadas polo SARS-COV2 que están moi soas. As visitas da súa familia e do persoal médico están moi restrinxidas.
Para animalos, podemos escribirlles cartas de apoio ou facerlles chegar debuxos. Despois de realizalos, debémolos enviar a este enderezo de correo electrónico: cartas.venceremos.covid19@gmail.com
O persoal sanitario fará chegar as cartas a estes pacientes.