A maxia das Matemáticas [1]
Elisa Costas convídate a gozar da maxia das Matemáticas.
Aquí vai un primeiro enredo:
A maxia da álxebra
O gran mago ordenoume:
-
- Pensa nun número calquera.
- Súmalle 3
- Multiplica o resultado por 2
- Réstalle 8
- Divídeo por 2
Entón preguntoume: Canto che dá?
Eu contestei: Dáme 54.
El contestou, inmediatamente: O número que escolliches era o 55
En que consiste o truco do gran mago? Trata de traducir as ordes do gran mago á linguaxe alxebraica.
Por que non xogas agora ti a ser o gran mago? Atréveste a sorprender a túa familia inventando un exemplo parecido?
Agradecemos a Ana García Azcárate a cesión dos contidos da súa páxina web e do seu libro Pasatiempos y juegos en clase de matemáticas.
Está xenial gracias
Grazas, Ana Belén!