Cocorico na rede

😊 Lembrades a canción de Cocorico?? E se a bailamos??? Imos facelo imitando os diferentes personaxes:

  • Cocorico.- Cando diga “picotí, picotá” facemos que comemos o rico biscoito. 
  • Mamá galiña.- cando escoitemos o cacarexo da galiña, movemos os brazos como se fósemos galiñas.
  • Gato Pelado.- Cando escoitemos o marramiau, imitamos a gato peludo coas súas gadoupas.

 E bailamos e movemos o corpo!!!

😊 Cocorico está algo despistado, a súa nai pediulle que fora buscar leña, pero non sabe por onde ir. Axúdaslle pintando o camiño que ten que seguir? preme aquí para atopar o camiño.

😊 E se facemos un cocorico? Que vos parece coller un tubo de papel, pintalo de amarelo, pegarlle un pico de plastilina, pintarlle dous grandes ollos e dúas patas…?

Podedes enviarnos os vosos Cocoricos para que os compartamos no blog ao enderezo aulasgalegasinfantil@gmail.com 

                                                                                   Cristina Suárez


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *