LSE A expedición Balmis e a vitoria da vacinación. (Bioclip)
Quixera darvos a miña opinión sobre a vacinación cun pouco de historia, épica, ciencia e poñendo en valor unha muller moi especial.
Nestes tempos nos que hai xente que se cuestiona se vacinar os seus fillos ou non, é bo que lembremos o que acontecía non hai moito con enfermidades como a varíola. Do porto da Coruña partiu hai xa máis de 200 anos a primeira expedición humanitaria para levar a vacina a diferentes partes do mundo, a Real Expedición Filantrópica da Vacina. Nela viaxou a primeira muller enfermeira da historia, a nosa ordense Isabel Zendal, sen cuxa axuda o éxito da expedición podería ter mudado.
Intérprete: Jose López Muíños
Queredes facer un xogo sobre o vídeo e pasalo ben? Dádelle ao Kahoot!
Perfeto, sobre todo para estes días
Sabedes que hai unha novela que describe todo isto:” A flor de piel ” de Javier Moro
Un saúdo
Pois non o coñecía María Azucena; pero o busco, moitas grazas!
Moitas grazas polo vídeo, degraciadamente moi acaido a estes días