Acurtando distancias!

Unha das cousas que máis botamos de menos neste tempo no que debemos estar na casa é aos nosos compañeiros e compañeiras.

Por sorte, as novas tecnoloxías son unha ferramenta moi útil para seguir mantendo o contacto con aquelas persoas que xa non podemos ver a miúdo. Aproveitando este marabilloso recurso imos facer un vídeo en común para toda a aula. Neste arquivo podedes ver a proposta!

Cada neno ou nena elaborará un guión en Lingua Galega no que dirá:

  • Un saúdo
  • Como se atopa
  • Un consello de cousas que facer durante este tempo
  • Unha despedida.

Os pais/nais ou titores gravarán e mandarán o vídeo ao mestre ou mestra, que se encargará de unir os fragmentos de todo o alumnado para facer un vídeo en común. Despois, compartirao co resto da clase, para que así poidan verse uns a outros.

Esta é una iniciativa elaborada polo Claustro do C.E.I.P. Manuel Masdías, que se está levando a cabo nos distintos niveis do centro.

FAMILIAS, PROFES, ANIMÁDESVOS?


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *