Xogos de mesa para o confinamento: TI NON ES DE AQUÍ?

AG.- Canto coñeces da nosa terra? Esta é a premisa básica do xogo de mesa de hoxe, deseñado pola xente de ozocogz.

Ti non es de aquí? é un xogo de mesa en formato tradicional de taboleiro, tarxetas con preguntas e fichas (peóns), no que se pretenden poñer a proba os coñecementos que os participantes teñen sobre Galicia. Vanse contestando cuestións sobre aspectos diferentes do país, divididas en 5 bloques ou áreas temáticas (175 tarxetas por tema):

A. Lingua, literatura

B. Historia, política

C. Monumentos, patrimonio, arte

D. Música, cinema, espectáculos

E. Ciencias, xeografía

Gaña o xogo quen consegue rematar en primeiro lugar o percorrido do taboleiro, un itinerario polo mapa galego, respondendo atinadamente o maior número de cuestións.


Un comentario en «Xogos de mesa para o confinamento: TI NON ES DE AQUÍ?»

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *