VACALOURA, xogo de mesa, xogo de lingua

AG.- Xa dispoñemos doutro xogo de mesa, cento por cento galego, que podemos engadir, por exemplo, a TI NON ES DE AQUÍ? ou a A NOITE DO MEIGALLO. De novo é a xente de OzocoGZ, empresa radicada no Carballiño, quen ideou e comercializou o produto. Trátase de VACALOURA, un xogo de preguntas para promover o coñecemento da lingua galega. En total, o xogo conta con 500 tarxetas, 2000 preguntas e milleiros de palabras de diferentes significados. Vacaloura incopora tamén un manual de instrucións e unha bibliografía para quen desexe ampliar coñecementos.

En Nós Diario podemos atopar unha interesante entrevista con Eladino Cabanelas, a cabeza visible da empresa.

Esta nova proposta lúdica, ideal como recurso na área de Lingua Galega, está á venda a través da súa tenda web.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *