On dessine son confinement idéal !

AG.- Ao principio do confinamento, Pénélope Bagieu, debuxante e guionista de banda deseñada e Oscar Barda, creador de videoxogos, lanzaron en Twitter o cancelo #CoronaMaison. O reto é o seguinte: cada un debuxa o seu espazo a partir dun cuarto baleiro dunha gran casa virtual.

Podes imaxinar o espazo ideal no que che gustaría estar confinado/a, coa túa decoración, mobles, animais de compañía, etc. Moitos ilustradores e ilustradoras xa se uniron ao xogo, e ti tamén podes participar empregando este modelo como base. Merci, Olga Rodríguez Sánchez, por este  traballo.

CORONAMAISON


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *