On dessine son confinement idéal !
AG.- Ao principio do confinamento, Pénélope Bagieu, debuxante e guionista de banda deseñada e Oscar Barda, creador de videoxogos, lanzaron en Twitter o cancelo #CoronaMaison. O reto é o seguinte: cada un debuxa o seu espazo a partir dun cuarto baleiro dunha gran casa virtual.
Podes imaxinar o espazo ideal no que che gustaría estar confinado/a, coa túa decoración, mobles, animais de compañía, etc. Moitos ilustradores e ilustradoras xa se uniron ao xogo, e ti tamén podes participar empregando este modelo como base. Merci, Olga Rodríguez Sánchez, por este traballo.