O meu animal favorito

AG.- Seguramente todos nós, temos un animal que nos parece interesante, que nos gusta, o noso Favorito. Propóñovos desenvolver unha actividade un chisco diferente para analizalo. Sigue estes puntos:

  1. Pensa nese animal.
  2. Busca o seu nome científico e responde as cuestións: a) Cal é o seu nome xenérico?; b) Cal é o seu nome específico?; c) Quen é o científico que o estudou/descubriu?; d) En que ano se descubriu?
  3. Acha as súas categorías taxonómicas: a) Filo; b) Clase; c) Orde; d) Familia; e) Xénero.
  4. O teu animal favorito, evidentemente, pertence ao reino animal, que características definen ese reino?
  5. Define tamén as características do seu Filo e a súa Clase.
  6. Realiza unha pequena presentación, onde fales das súas características mais salientables, elixindo imaxes representativas (se poden ser de dominio público ou libres de dereito, tipo Creative Commons).
  7. Está este animal ameazado de extinción? Por que?. Se non o está, hai outros moitos que si o están, e clasifícanse en varias categorías, dependendo da súa ameaza, aquí tes un exemplo. Que queren dicir? Especies en perigo de extición
  8. Tendo en conta todas estas cuestións, realiza unha pequena redacción sobre o teu animal Favorito.

CURRICULO: Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato ( Bloque 4. A biodiversidade).

PROPOSTA REALIZADA POR: Xoán Xosé Santos Costa do IES A Guía.

FONTES: Wikiwand Galicia.

 

 

 

 


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *