O meu animal favorito
AG.- Seguramente todos nós, temos un animal que nos parece interesante, que nos gusta, o noso Favorito. Propóñovos desenvolver unha actividade un chisco diferente para analizalo. Sigue estes puntos:
- Pensa nese animal.
- Busca o seu nome científico e responde as cuestións: a) Cal é o seu nome xenérico?; b) Cal é o seu nome específico?; c) Quen é o científico que o estudou/descubriu?; d) En que ano se descubriu?
- Acha as súas categorías taxonómicas: a) Filo; b) Clase; c) Orde; d) Familia; e) Xénero.
- O teu animal favorito, evidentemente, pertence ao reino animal, que características definen ese reino?
- Define tamén as características do seu Filo e a súa Clase.
- Realiza unha pequena presentación, onde fales das súas características mais salientables, elixindo imaxes representativas (se poden ser de dominio público ou libres de dereito, tipo Creative Commons).
- Está este animal ameazado de extinción? Por que?. Se non o está, hai outros moitos que si o están, e clasifícanse en varias categorías, dependendo da súa ameaza, aquí tes un exemplo. Que queren dicir?
- Tendo en conta todas estas cuestións, realiza unha pequena redacción sobre o teu animal Favorito.
CURRICULO: Bioloxía e Xeoloxía 1º Bacharelato ( Bloque 4. A biodiversidade).
PROPOSTA REALIZADA POR: Xoán Xosé Santos Costa do IES A Guía.
FONTES: Wikiwand Galicia.