Halloween 2021

AG.- Como non podía ser doutro xeito, esta semana a nosa publicación quere conmemorar o Samaín, que ten a súa réplica nos países de fala inglesa como Halloween. A noite do 31 de outubro, as rúas encheranse de cativada pedindo doces polas portas. A profesora Paula López quere axudarche a coñecer novas palabras relacionadas con esta festa na seguinte presentación:

Proponche agora dúas actividades moi entretidas. Na primeira deberás adiviñar a imaxe que se agocha tras os cadradiños e na segunda tes que intentar emparellar cada imaxe coa súa definición. Esperamos que o pases de medo. Spooky Halloween!!!


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *