Eiruga Larpeira

AG- Esta actividade está pensada para propoñer, a partir da chegada da primavera, a través do conto Unha eiruga moi larpeira:

  •                 Destinada a nenos/as de Educación infantil 4 e 5 anos.
  •                 Actividades propostas:
  1. Escoitar o conto en Youtube Educación Infantil 4 anos de Zas:

https://youtu.be/4rsZf13rRno

  1. Repasar os días da semana e a sucesión do paso do tempo.
  2. Realizar a conta dos distintos alimentos que come a eiruga larpeira.
  3. Traballar conceptos como moito/pouco, grande/pequeno…
  4. Investigar sobre o proceso de metamorfose do ciclo de eiruga a bolboreta.
  5. Aprender vocabulario de alimentos e falar de hábitos saudables.
  6. Montar o conto da eiruga larpeira a partir da proposta dada.
  7. Realizar algunha das actividades plásticas para facer a nosa propia eiruga larpeira

( propostas de Mundorukkia.com)

Aquí podedes descargar as propostas: eiruga 1, eiruga 2

María García Pita


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *