Eiruga Larpeira
AG- Esta actividade está pensada para propoñer, a partir da chegada da primavera, a través do conto Unha eiruga moi larpeira:
- Destinada a nenos/as de Educación infantil 4 e 5 anos.
- Actividades propostas:
- Escoitar o conto en Youtube Educación Infantil 4 anos de Zas:
- Repasar os días da semana e a sucesión do paso do tempo.
- Realizar a conta dos distintos alimentos que come a eiruga larpeira.
- Traballar conceptos como moito/pouco, grande/pequeno…
- Investigar sobre o proceso de metamorfose do ciclo de eiruga a bolboreta.
- Aprender vocabulario de alimentos e falar de hábitos saudables.
- Montar o conto da eiruga larpeira a partir da proposta dada.
- Realizar algunha das actividades plásticas para facer a nosa propia eiruga larpeira
( propostas de Mundorukkia.com)
Aquí podedes descargar as propostas: eiruga 1, eiruga 2
María García Pita