Día das Letras Galegas: Sargadelos chinesa!
AG.- O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas e por iso queremos propoñervos un “craft” seguindo un vídeo en galego con subtítulos en inglés.
Esta é a mensaxe e a actividade que nos propón a mestra Eva Fernández Torres do CPI Castro Baxoi de Miño en colaboración con www.Compás.gal.
Sargadelos chinesa, si , non é un erro, con minúscula.
Non sabedes o que é chinesa? Pois recoméndovos que busquedes o significado.
Entón, animádesvos a pasar un rato divertido con esta proposta?
É xenial porque está subtitulada en inglés. Así pois, sempre podemos aprender algunha palabra nova.
Let’s go!
Thanks, teacher Eva
Sabemos que sodes grandes artistas! Enviádenos as vosas creacións a aulasgalegasinglesep@gmail.com ou publicádeas no Facebook co cancelo #artistasaulasgalegas.
Veredes os vosos “Sargadelos chinesa” nas nosas redes sociais a vindeira semana!
Subtítulos Obradoiro Floreiro Marqués de Sargadelos ENGLISH