Día das Letras Galegas: Sargadelos chinesa!

AG.- O 17 de maio celebramos o Día das Letras Galegas e por iso queremos propoñervos un “craft” seguindo un vídeo en galego con subtítulos en inglés.

Esta é a mensaxe e a actividade que nos propón a mestra Eva Fernández Torres do CPI Castro Baxoi de Miño en colaboración con www.Compás.gal.

Sargadelos chinesa, si , non é un erro, con minúscula.

Non sabedes o que é chinesa? Pois recoméndovos que busquedes o significado.

Entón, animádesvos a pasar un rato divertido con esta proposta?

É xenial porque está subtitulada en inglés. Así pois, sempre podemos aprender algunha palabra nova.

Let’s go!

Thanks, teacher Eva

Sabemos que sodes  grandes artistas! Enviádenos  as vosas creacións a aulasgalegasinglesep@gmail.com ou publicádeas no Facebook co cancelo #artistasaulasgalegas.

Veredes os vosos “Sargadelos chinesa”  nas nosas redes sociais a vindeira semana!

Subtítulos Obradoiro Floreiro Marqués de Sargadelos ENGLISH


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *