Axenda Dixital Interactiva Aulas Galegas 20/21 e tamén en papel

AG.- O curso comeza e tes moito que organizar!

En Aulas Galegas ofrecémosche  unha axenda  dixital interactiva e personalizable que abrangue dende Infantil ata Bacharelato. Proxectos, titorías, listaxes de cotexo, saídas, calendarios… ata recursos para atender as probas de temperatura e síntomas da COVID-19…

Tamén tes a axenda imprimible personalizable por se ti es das persoas que prefire ter un referente de organización en papel.

Moi completiña, como podes ver no índice e totalmente de balde e baixo licenza CC!

 

 

Onde podo descargalas?

Premendo nesta ligazón, descargas a  AXENDA DIXITAL  Aulas Galegas

Premendo nesta ligazón descargas a  AXENDA PARA IMPRIMIR en papel.

Se prefires ter o CALENDARIO  á man, podes decargarlo tamén con só un clic.

Con que aplicacións podes utilizar a axenda interactiva?

Apps para dispositivos Android: Notes Writer, de balde Noteshelf, de pagamento.

Apps para dispositivos IOS: de balde (Notas e Notes Writer), de pagamento (GoodNotes5 e Notability).

Como funciona a axenda interactiva?

Esta axenda é un PDF interactivo polo que con calquera lector de PDFs poderías utilizar as ligazóns para moverte dunha pestana a outra. Ademais, se utilizas Apps para tomar notas como Goodnotes, Notability, Penultimate ou Notes Writer pódela importar e engadir tantas follas de anotacións como desexes.

Axenda imprimible!

Descarga o documento e antes de imprimir mira as páxinas que realmente che interesan, como verás hai modelos de páxinas qu están pensados para determinados niveis, imprime só as páxinas do teu nivel, do mesmo xeito hai páxinas de notas ou listaxes de cotexo e de alumnado que precisarás imprimir tantas como grupos aos que lles deas clase. Paga a pena que primeiro elixas e te fagas unha composición do material da axenda que vas precisar, por exemplo, se es responsable dunha titoría, etc.

Esperamos que vos gusten!


15 comentarios en «Axenda Dixital Interactiva Aulas Galegas 20/21 e tamén en papel»

  • 1 Setembro 2020 ás 13:42
    Ligazón permanente

    Moi boa idea!!!! Grazas por facilitarnos o traballo neste ano tan complicado. Un saúdo.

    Resposta
    • 3 Setembro 2020 ás 19:09
      Ligazón permanente

      Grazas Luisa, contamos coas túas aportacións para ano a ano ir mellorando.

      Resposta
    • 3 Setembro 2020 ás 19:09
      Ligazón permanente

      Grazas Conchi. Lémbrate de enviarnos propostas de mellora. En Aulas Galegas estamos sempre en “mellora continua” 🙂

      Resposta
  • 1 Setembro 2020 ás 18:58
    Ligazón permanente

    Està xenial.
    No calendario xeral està antroido en marzo, é en febrero. Gracias por compartirla

    Resposta
  • 1 Setembro 2020 ás 19:30
    Ligazón permanente

    Sodes magníficos!!
    É ben duro dicir no medio dunha pandemia eso de “Non hai mal que por ben non veña”…. pero o Covid tróuxonos a vós, docentes activos, comprometidos, emprendedores e eficaces.
    MOITAS GRACIAS por todo o que levades aportando e ensinando ó colectivo docente galego. É un orgullo poder aprender de todos vós.
    Aperta forte!!!

    Resposta
    • 3 Setembro 2020 ás 19:07
      Ligazón permanente

      Grazas Loli. O grande OBRIGADO é para todo o profesorado galego que fixo posible este proxecto entre o que tí estás incluida.
      Unha aperta.

      Resposta
  • 6 Setembro 2020 ás 20:23
    Ligazón permanente

    Parabéns polo gran traballo que fixéstedes e facedes. Moitas grazas polo bo facer e moito ánimo a tod@s neste curso. Apertas virtuais

    Resposta

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *