Axenda Dixital Interactiva Aulas Galegas 20/21 e tamén en papel
AG.- O curso comeza e tes moito que organizar!
En Aulas Galegas ofrecémosche unha axenda dixital interactiva e personalizable que abrangue dende Infantil ata Bacharelato. Proxectos, titorías, listaxes de cotexo, saídas, calendarios… ata recursos para atender as probas de temperatura e síntomas da COVID-19…
Tamén tes a axenda imprimible personalizable por se ti es das persoas que prefire ter un referente de organización en papel.
Moi completiña, como podes ver no índice e totalmente de balde e baixo licenza CC!
Onde podo descargalas?
Premendo nesta ligazón, descargas a AXENDA DIXITAL Aulas Galegas
Premendo nesta ligazón descargas a AXENDA PARA IMPRIMIR en papel.
Se prefires ter o CALENDARIO á man, podes decargarlo tamén con só un clic.
Con que aplicacións podes utilizar a axenda interactiva?
Apps para dispositivos Android: Notes Writer, de balde Noteshelf, de pagamento.
Apps para dispositivos IOS: de balde (Notas e Notes Writer), de pagamento (GoodNotes5 e Notability).
Como funciona a axenda interactiva?
Esta axenda é un PDF interactivo polo que con calquera lector de PDFs poderías utilizar as ligazóns para moverte dunha pestana a outra. Ademais, se utilizas Apps para tomar notas como Goodnotes, Notability, Penultimate ou Notes Writer pódela importar e engadir tantas follas de anotacións como desexes.
Axenda imprimible!
Descarga o documento e antes de imprimir mira as páxinas que realmente che interesan, como verás hai modelos de páxinas qu están pensados para determinados niveis, imprime só as páxinas do teu nivel, do mesmo xeito hai páxinas de notas ou listaxes de cotexo e de alumnado que precisarás imprimir tantas como grupos aos que lles deas clase. Paga a pena que primeiro elixas e te fagas unha composición do material da axenda que vas precisar, por exemplo, se es responsable dunha titoría, etc.
Moitisimas Grazas!! Estupenda maneira de empezar o curso
Grazas Marisa, esperamos que te sexa útil.
Moi boa idea!!!! Grazas por facilitarnos o traballo neste ano tan complicado. Un saúdo.
Grazas Luisa, contamos coas túas aportacións para ano a ano ir mellorando.
Moitas grazas, encantame!! Vouna usar este curso.
Grazas Conchi. Lémbrate de enviarnos propostas de mellora. En Aulas Galegas estamos sempre en “mellora continua” 🙂
Marabillosa!
Moitas grazas Eva, esperamos que te xexa útil.
Està xenial.
No calendario xeral està antroido en marzo, é en febrero. Gracias por compartirla
Grzas Pilar. Xa corriximo o erro. Moitas grazas!
Sodes magníficos!!
É ben duro dicir no medio dunha pandemia eso de “Non hai mal que por ben non veña”…. pero o Covid tróuxonos a vós, docentes activos, comprometidos, emprendedores e eficaces.
MOITAS GRACIAS por todo o que levades aportando e ensinando ó colectivo docente galego. É un orgullo poder aprender de todos vós.
Aperta forte!!!
Grazas Loli. O grande OBRIGADO é para todo o profesorado galego que fixo posible este proxecto entre o que tí estás incluida.
Unha aperta.
Me di e que no puedo acceder al contenido. No me lo deja descargar.
Ola María. Para imprimir proba no link https://drive.google.com/file/d/1UNH2QxbR0U69hRhbFOyRjvArge84dWrv/view
Até agora non tivemos nengún aviso de este tipo pero, por favor, confirma si pudeste descargala . Grazas
Parabéns polo gran traballo que fixéstedes e facedes. Moitas grazas polo bo facer e moito ánimo a tod@s neste curso. Apertas virtuais