Autopsia tecnolóxica

AG.- Imos propoñervos que collades un desaparafusador e vos poñades a destripar un trebello que teñades pola casa. Collede un aparello que estea estragado ou un xoguete de cando erades pequenos e que xa non usedes e poñédevos a investigar como é por dentro, como funciona, que compoñentes leva, como se fabricou ou calquera outra pregunta que vos fagades.

A proposta

A idea xorde dunha actividade que vai propoñer o profesor de Tecnoloxía Alberte Méndez ao seu alumnado do CPI Alcalde Xosé Pichel e que queremos facer extensible a todo o alumnado de Galicia e a toda persoa que queira facer esta práctica.

Investiga e pregunta

Tes dúbidas sobre algo? Non coñeces algún compoñente? non entendes como raios funciona iso? O profesorado de Tecnoloxía estamos para axudar. Envía unha foto ou un vídeo por twitter ou instagram co hashtag #autopsiaTecnolóxica e intentaremos responder as túas dúbidas.

Comparte

Podedes compartir connosco o resultado da vosa investigación. Facede unha presentación ou un vídeo do proceso e do que descubristes. Despois compartide o enlace nun comentario a esta entrada ou nas redes sociais co hashtag #autopsiaTecnolóxica e, por suposto, se volo pide o voso profesor ou profesora como tarefa nesta corentena, enviádello tamén 😉

Ánimo e mans á obra!


4 thoughts on “Autopsia tecnolóxica

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *