Autopsia tecnolóxica
AG.- Imos propoñervos que collades un desaparafusador e vos poñades a destripar un trebello que teñades pola casa. Collede un aparello que estea estragado ou un xoguete de cando erades pequenos e que xa non usedes e poñédevos a investigar como é por dentro, como funciona, que compoñentes leva, como se fabricou ou calquera outra pregunta que vos fagades.
A proposta
A idea xorde dunha actividade que vai propoñer o profesor de Tecnoloxía Alberte Méndez ao seu alumnado do CPI Alcalde Xosé Pichel e que queremos facer extensible a todo o alumnado de Galicia e a toda persoa que queira facer esta práctica.
Investiga e pregunta
Tes dúbidas sobre algo? Non coñeces algún compoñente? non entendes como raios funciona iso? O profesorado de Tecnoloxía estamos para axudar. Envía unha foto ou un vídeo por twitter ou instagram co hashtag #autopsiaTecnolóxica e intentaremos responder as túas dúbidas.
Comparte
Podedes compartir connosco o resultado da vosa investigación. Facede unha presentación ou un vídeo do proceso e do que descubristes. Despois compartide o enlace nun comentario a esta entrada ou nas redes sociais co hashtag #autopsiaTecnolóxica e, por suposto, se volo pide o voso profesor ou profesora como tarefa nesta corentena, enviádello tamén 😉
Ánimo e mans á obra!
Fixen o desmontaxe dun secador de pelo que estaba na casa estropeado. Espero que os guste 🙂
https://drive.google.com/open?id=1X0I53QLEB21ors_NseN_JlVEG6RtsWhY
Xenial traballo Daniel, parabéns!
Pingback: Autopsia Tecnolóxica | Tecnoloxía na rede