‘Ontology’ de Xose Miguélez

AG.- O gaiteiro e saxofonista  Ourensán, Xose Miguélez, presentou en 2019 o seu disco Ontology, velaquí tedes o vídeo musical da peza “Sweet Delia”.

 

Miguélez compón este traballo a partir dunha gravación da súa tía avoa Amparo.  O arquivo sonoro orixe atopouno por casualidade escoitando as gravacións do Cancioneiro popular galego (Fundación Barrié, 1984) feitas pola musicóloga suíza  Dorothé Schubarth , que aló polo 1981 percorreu media Galiza.

Ao atoparse con esta melodía pensou que era como unha mensaxe no tempo e sentiu a necesidade de facer algo con ela.  Pois ben,  dándolle a volta completamente ao canto atopado, o autor compón este traballo formado por 10 temas, para a creación de todos eles embebeuse co espírito da voz de Amparo.

Cun jazz persoal, contemporáneo, cheo de harmonías e motivos sinuosos que camuflan o canto orixinal de Amparo, o saxofonista ourensán conxuga tradición e modernidade.

Este traballo, gravado en Kansas City e editado pola discográfica Origin records, gañou os Premios da Música Martín Códax na edición de 2019.

Traemos aquí esta obra de jazz galego que, aínda que instrumental, está tocada en galego. A lingua non só está composta de palabras…

Aquí tedes o audio do xérmolo do traballo.  “Amparo” ( Cercedelo, Laza. 1984)

Deixámosvos aquí tamén o tema que lle dá nome ao disco, “Ontology”.


Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *