A cociña
AG.- Necesitas practicar o teu galego? Non es quen de nomear obxectos na nosa lingua? O Portal das Palabras, na súa sección “Toc, toc… pódese pasar”, comparte unha pílula informativa da cociña. Logo do visionado, podes escribir as palabras que non coñecías, facer oracións con elas ou gravar un vídeo coa axuda dun adulto.
Desfruta do vídeo!
Pílula informativa realizada por Ana Lojo, estudante de 4º de ESO do IES da Pobra do Caramiñal, dirixida a estudantes de Educación Infantil e Primaria.
Non entendo que hai que facer
Rui, esta actividade ten como finalidade ampliar o vocabulario en galego. Despois de ver o vídeo o alumnado pode facer un debuxo da cociña e escribir o vocabulario que non coñecía, crear un diccionario, introducir os termos aprendidos nun discurso escrito ou oral (que pode ser gravado) Saudiños!